O equipo dos cadetes, esta vez formado por infantiles de segundo ano e cadetes de primeiro na categoría sub-16 comezou con mal pé no campeonato de Compostela Cup ante o Cidade de Santiago. O encontro celebrouse o día 24 de Xuño no estadio de San Lázaro e acabou cun resultado de 7-0 favorable aos santiagueses. A alineación presentada polo Val do Ulla foi:
4-1-4-1 ;Portería: Diego; Lateral dereito: Javi; Centrales: Tin e Rafa; Lateral esquerdo: Parada; Pivote defensivo: Quique; Interior dereito: Pernas; Mediapuntas: Cristian e Jordan; Interior esquerdo: Jose Otts; Dianteiro centro: Puyol.
O resultado do encontro é enganoso xa que o equipo non é que xogara mal pero o Cidade de Santiago aproveitou a máis mínima oportunidade (xa fora nunha xogada elaborada ou nun erro da defensa) para chegar con moito perigo. O resultado ao final da primeira parte foi de 4-0.
Na segunda parte encaixáronse 3 goles e acabouse xogando con defensa de tres e Javi e Parada de carrileros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario