viernes, 26 de junio de 2009

De segunda el que no bote eh, eh!!

Ese foi un dos cánticos máis repetidos durante a celebración do ascenso a primeira autonómica dos cadetes do Val do Ulla tras impoñerse por 3-1 ao Puebla do Caramiñal. Non foi un bo partido pero conseguiuse o obxectivo de acabar primeiros de grupo. Esta foi a alineación de inicio:

Portería: Frey; Lateral dereito: Javi; Centrales: Codeso e Jacobo; Lateral esquerdo: David; Interior dereito: Jose Otts; Mediapuntas: Pablo e Juan; Interior esquerdo: Fernández; Puntas: Puyol e Sanjurjo.

O partido comezou emocionante con ocasións para os dous equipos e un maior dominio do balón para o Val do Ulla. Na saída dunha falta, un erro do porteiro visitante serviríalle o 1-0 a Jacobo. Tras esto, Frey realizou 2 grandes paradas a tiros de fóra da área. Nunha xogada embarullada tras un saque de banda cerca da área, Sanjurjo lograría o 2-0.

Tralo descanso, o partido que semellaba ser plácido complicouse debido a un gol ao pouco de comezar a segunda metade. Tras eso a máis de un do equipo pódese dicir que '' se lle puxeron de corbata''. Así foi ata que Puyol nunha mala saída do porteiro visitante co balón nos pés marcou o definitivo 3-1.

Co pitido final do árbitro desatouse a euforia e a festa comezou. Ninguén se librou da ducha de auga incluíndo ao mister, Cutrín...

No hay comentarios: