COPA, ABANQUEIRO 1 - EDV 2 (3 -1 GLOBAL PASA EDV)
A CRUZ, esta fin de semana foi canto menos decepciónate no que as arbitraxes se refire. En Coruña padecemos a peor arbitraxe no tempo que levo acompañando os chavales polos campos de xogo, a priori debería ser un partido de fácil manexo pois o colexiado era de 3ª División, pero foi todo o contrario, aplicou mal o regulamento, cortou o xogo tanto como lle foi posible, enfrontouse o publico ata o extremo de instar o delegado de campo a desaloxar parte do perímetro exterior coa ameaza de suspender o encontro (feito que se viu obrigado polo delegado federativo a corrixir na segunda metade, que o desautorizou e permitiu o publico a ocupar as posición desaloxadas). Pero isto non seria o peor, que chegou con unha particular interpretación do asistente que entendeu como insulto as verbas de un xogador do Val do Ulla, e a instancias dun sector do publico obrigou o Colexiado ............. a este, feitos que relataría na ACTA do partido con unha prosa moi novelesca, do mesmo xeito relatou outros feitos acontecidos no partido que por certo el se encargou de esnaquizar ata o punto de avergonzar os propios pais, directivos e xogadores locais. A redacción foi tan insultante e chulesca que incluso seria de remitir a fiscalía de menores por si fose constitutiva de delito, xa que dela se desprenden ameazas e vexacións a menores de idade. Pero a recompensa foi ver abrazados os xogadores de ambos conxuntos desexándose sorte no futuro e fundidos nunha ovación adicada os que alí nos encontrábamos animando.
Do ancontecido desprendese que as arbitraxes no entorno de A Coruña seguen a ser a gran lacra do fútbol no norte de Galicia, ¡QUE PENA!.
A CARA, tivo lugar en Abanqueiro onde nos clasificamos para a seguinte rolda da copa eliminando a un gran equipo, flamante vencedor da edición do pasado ano.
Do ancontecido desprendese que as arbitraxes no entorno de A Coruña seguen a ser a gran lacra do fútbol no norte de Galicia, ¡QUE PENA!.
A CARA, tivo lugar en Abanqueiro onde nos clasificamos para a seguinte rolda da copa eliminando a un gran equipo, flamante vencedor da edición do pasado ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario