lunes, 19 de diciembre de 2011

lunes, 12 de diciembre de 2011

PARTIDAZO!!!

EDV 4 - BATAVALES 3

Grande o partido deste sábado con bo fútbol e moitos goles. Quizás un pouco deslucido por uns aficionados que non saben comportarse e ademais de increpar o arbitro o que se se senten agraviados están no dereito, insultaron os futbolistas da EDV, con perlas coma, APURA SUB...!!! GIL... etc, moitas veces son peores os pais ou as nais coma nesta ocasión, que os xogadores, que no campo deron unha grandísima imaxe de equipo, merecedores de estar en categoría superior.
PARABENS OS DOUS EQUIPOS.

domingo, 4 de diciembre de 2011

PINCHAZO...

SAN MAMEDE 2 - EDV 0

O San Mamede xoga o antifutbol, pero hai que plantearse se esta e a forma de xogar nesta categoría, onde te topas equipos así con unha colección de torce-botas que lle chuzan pa riba, e que corra o palomero. Os equipos coma o Val do Ulla costalles xogar contra estes porque non lle saben plantar cara a este antifutbol, e unha pena pero e así, de todos os xeitos no Val do Ulla estanse a facer as cousas ben, somos un viveiro de novos valores que con 16 anos xa defenderon os modestos en segunda, e expórtamos xogadores a equipos como o Lalín, Pontevedra, Celta, Depor e incluso o Real Madrid.

So queda agarda a correxir este tipo de erros e que a sote nos acompañe algo.

lunes, 28 de noviembre de 2011

UN SO EQUIPO...

EDV 5 - BANDEIRA 2

...No campo do Coto disputouse un encontro de forzas moi desiguais, a pesar de que se adiantou o Bandeira nun desaxuste. Na segunda metade os de Alfonso saíron en tromba e os tres minutos da reanudación xa marcaran dous goles Pernas e Fernández, completaron a tarde Martín, Cristian e Fernández por segunda vez.

jueves, 24 de noviembre de 2011

1ª DERROTA DA TEMPADA

BERTAMIRANS 2 - EDV 1

Gran partido, pero se sé fallan tantas ocasións terminalo pagando caro.
Polo que respecta o partido dicir que, o gran fútbol despregado por ambas aliñacións fíxonos disfrutar dunha fermosa tarde de fútbol, so queda felicitar os de Bertamirans así coma os nosos e agardar que na vindeira xornada entre a "pelotiña".

jueves, 10 de noviembre de 2011

FENOMENAL RESULTADO...

EDV 4 - FURIA AT. 1
Os de Alfonso deron unha "CLASE MAXISTRAL" a un mediocre equipo de Valga, sen dubida as patadas e as agresións non son o estilo dos da Ulla.
Do encontro de hoxe hai que sacar a palla e aproveitar o trigo, 4 goles coma catro soles, e o bo xogo o resto, para o lixo sen mais.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

LOTERIA DO NADAL DA ESCOLA DEPORTIVA VAL DO ULLA

A, E. D. Val do Ulla como tódolos anos xoga á lotería de NADAL, este ano co número 44.005. RESERVA AS TUAS PARTICIPACIONS XA!!!

martes, 25 de octubre de 2011

EDV - CRUCES


EDV 5 - CRUCES 0

Sen dubida un encotro de sentimentos encontrados, con un resultado formidable. Os de Alfonso foron os donos do tempo do espazo e do balón, este grupo e un GRAN EQUIPO, parabens.

sábado, 22 de octubre de 2011

Negreira 1 - EDV 1


SD NEGREIRA 1 - EDV 1

A mala sorte segue a perseguirnos, no dia de hoxe atopámonos con un muro defensivo, que so fomos quen de quebrar a balón parado, un solitario gol de estratexia nun corner so nos deu un punto. O equipo segue mellorando e é de agardar que as vitorias non tarden en chegar.

martes, 18 de octubre de 2011

domingo, 16 de octubre de 2011

SE PERDOAS...



EDV 2 - ESCRAVITUDE 2

Por perdoar terminamos perdendo dous puntos no tempo engadido.

Estrease Jordan como goleador facendo os dous da tarde. O partido foi intenso e moi disputado. Agardemos que a boa sorte tamén nos acompañ
e.

jueves, 8 de septiembre de 2011

PINCHAZO...

EDV 3 - CONXO 4


Sen dubida hai que seguir adestrando, boas sensacións pese a derrota que nos fixo ver a realidade. A falta de competición fíxose notar diante dun rival rodado e con bo fútbol



miércoles, 31 de agosto de 2011

ASAMBLEA XERAL

ASAMBLEA XERAL DE PAIS/NAIS. DÍA 9 DE SETEMBRO ÁS 21:00h.
A xunta directiva da E.D. Val do Ulla, convócao a ASAMBLES XERAL DE PAIS E NAIS, a celebrar:

LUGAR: Casa Cultural de Sta. Cruz de Ribadulla
DÍA: Venres, 9 de setembro de 2011
HORA: 21:00h

ORDE DO DÍA

1. Informe xeral de actividades que se realizarán esta tempada 2011/12.
2. Información sobre as cotas.
3. Estado de contas da tempada 2010/11.
4. Rogos e preguntas

Rogamos insistentemente a máxima participación, dada a importancia dos temas a tratar nesta asamblea para o bo funcionamento da tempada e da escola deportiva.

SUSPENDIDO ADESTRAMENTO DO XOVES

lunes, 29 de agosto de 2011

PRIMERO TEST SUPERADO

EDV 5 COMPOS 1

Boas sensacions neste primeiro TEST, ainda que se notaba a falta de competición en ambos grupos.

domingo, 14 de agosto de 2011

COMEZAN OS ADESTRAMENTOS

Comezan os adestramentos dos XUVENIS.
Este martes día 16 as 20:00 no Coto, Alfonso chamou a todolos xuvenís e tamén os cadetes Piru e Raul.

domingo, 26 de junio de 2011

CAMPIONS!!!

Color del texto
EDV 2 - NEGREIRA 0Ledicia desbordada en Sta. Isabel logo dun partido nos que os de Alfonso bordaron o FÚTBOL. Nun longo partido a causa do extremado calor con varias interrupcións para hidratarse, os da ULLA fixeron ese fútbol de toque e combinación, recibindo grandes ovacións da ateigada bancada.

O partido foi dunha soa cor, control total da pelota polos da Ulla e con unha presencia do centro do campo soberbia, en defensa con moito oficio e sen concesións, no ataque as moitas ocasións facían prever un desenlace positivo, como así foi. Logo de unha logo combinación Alex fai o primeiro, e no lanzamento de unha falta de xeito maxistral Juanin fai o segundo e definitivo.

A asistencia masiva de publico, e a comunión total co equipo, foi o que levou en volandas os chavles para que acadaran este gran logro para a Escola. Asiste tamén o Alcalde de Vedra Don Carlos Carrillo que fixo entrega da Copa o Capi Óscar Parada.
Recordar tamén que o Capitán Cristian sufriu na grada coma nunca, pero tivo a recompensa de que o remate todo o equipo lle ofreceu a Copa.

como é de supoñer a celebración foi longa e merecida, a rabia contida logo das ultimas inxustizas fixo desbordar tódalas emocións por parte de todos xogadores, corpo técnico, publico etc.

Mención especial a todos os do NEGREIRA, dignos rivais e fenomenais persoas, ánimos a todos que que o futuro veña cargado de éxitos.

E como non lembrar ó GRANDÍSIMO artífice de todo isto como non o adestrador ALFONSO SANCHEZ MIGUEZ, parabéns e sorte no camiño que o futuro che depare.


domingo, 19 de junio de 2011

ESTAMOS NA FINAL!!!

ROIS 0 - EDV 3 * gloval 6-2 pasa EDV


Partido de unha so cor, o Rois púxolle vontade e pundonor pero non foron quen de crear perigo, os de Alfonso una vez que fixeron o primeiro asentaron o xogo, e aínda que este non foi o vistoso o que nos ten acostumados foi practico e sen apenas erros.

Desatacar a participación dos infantís convocados, que xogaron todos con gran protagonismo, en especial Juanin que marcou un fermoso gol.

PARABÉNS A TODOS. VÉMONOS EN SANTA ISABEL.

O PARTIDO SERÁ O SABADO AS 18:00

lunes, 13 de junio de 2011

TOQUE TOQUE

EDV 3 - ROIS 2

Antes de nada hai que mencionar e de xeito moi especial o equipo INFANTIL da Escola que ascende a LIGA GALEGA, por primeira vez na curta pero intensa vida da EDV. PARABÉNS CHAVALES, lembrar tamén que JORGE TOJO é o adestrador destes chavales, gran coprotagonista deste éxito.

Con respecto a semifinal da copa, dicir que foi solventado e con éxito este partido cheo de novidades polas ausencias obrigadas. Tres goles de xogadores non habituais na faceta do gol coma Raul, Alex e Kike, que con gran clase marcaron tres golazos. Foi un partido de toque con fermosas combinacións e longas xogadas.

Para ver noticia en El Correo Galleo: PINCHA AQUI.

lunes, 6 de junio de 2011

COPA "A UN PASO"


O Rois ultimo paso para chegar a final. O Rois remata a liga como sexto no Gr.7 de Segunda, ven de eliminar na quenda de penaltis os do Peleteiro, sen dubida un dos grandes da COPA, o partido de ida será este Domingo no Coto as 10:30 H, o outro finalista saira da eliminatoria ente DUBRA e NEGREIRA.

domingo, 5 de junio de 2011

CARA E CRUZ

FASE, OLIMPICO 0 - EDV 0 (1 - 1 GLOBAL PASA O OLIMPICO)
COPA, ABANQUEIRO 1 - EDV 2 (3 -1 GLOBAL PASA EDV)

A CRUZ, esta fin de semana foi canto menos decepciónate no que as arbitraxes se refire. En Coruña padecemos a peor arbitraxe no tempo que levo acompañando os chavales polos campos de xogo, a priori debería ser un partido de fácil manexo pois o colexiado era de 3ª División, pero foi todo o contrario, aplicou mal o regulamento, cortou o xogo tanto como lle foi posible, enfrontouse o publico ata o extremo de instar o delegado de campo a desaloxar parte do perímetro exterior coa ameaza de suspender o encontro (feito que se viu obrigado polo delegado federativo a corrixir na segunda metade, que o desautorizou e permitiu o publico a ocupar as posición desaloxadas). Pero isto non seria o peor, que chegou con unha particular interpretación do asistente que entendeu como insulto as verbas de un xogador do Val do Ulla, e a instancias dun sector do publico obrigou o Colexiado ............. a este, feitos que relataría na ACTA do partido con unha prosa moi novelesca, do mesmo xeito relatou outros feitos acontecidos no partido que por certo el se encargou de esnaquizar ata o punto de avergonzar os propios pais, directivos e xogadores locais. A redacción foi tan insultante e chulesca que incluso seria de remitir a fiscalía de menores por si fose constitutiva de delito, xa que dela se desprenden ameazas e vexacións a menores de idade. Pero a recompensa foi ver abrazados os xogadores de ambos conxuntos desexándose sorte no futuro e fundidos nunha ovación adicada os que alí nos encontrábamos animando.
Do ancontecido desprendese que as arbitraxes no entorno de A Coruña seguen a ser a gran lacra do fútbol no norte de Galicia, ¡QUE PENA!.

A CARA, tivo lugar en Abanqueiro onde nos clasificamos para a seguinte rolda da copa eliminando a un gran equipo, flamante vencedor da edición do pasado ano.

jueves, 2 de junio de 2011

martes, 31 de mayo de 2011

QUE GRANDES!!!

EDV 1 - OLIMPICO 1
Que grandes son estes chavales, o partido que veñen de empatar foi sen ningunha dubida o mellor da tempada.
Estiveron soberbios en tódalas liñas tanto en punta na media e por suposto en defensa, o empate con fortuna pódese considerar un accidente, porque o fútbol que puxeron de riba do terreo de xogo foi de moito mérito. O rival ordenado con moito oficio e gran poderío físico non foron quen de sorprender os de Alfonso no arreón inicial, e cando os Cadetes tomaron o mando non o soltaron ate o final.

PASO A PASO NA COPA

EDV 1 - ABANQUIRO 0

Pasiño a pasiño na copa, seguro que non foi o mellor dos partidos este que disputaron os CADETES, pero o resultado e bo para afrontar a volta o vindeiro domingo.