EDV 2 - VIDUIDO 0
Campións de inverno, remata a primeira volta e os da Ulla permanecen invictos no campionato. Con cinco puntos de vantaxe respecto o segundo e oito co terceiro aínda que este cun partido menos.
Semana de descanso cos deberes cumpridos, vencendo a un rival directo que practica un fútbol agresivo e de ataque frontal. O equipo moi ben plantado no terreo de xogo non fixo concesións o rival, tratando de manter a pelota e xogar ordenados. Os de Viduido trataron de meter presión dende o inicio sabedores de que se deixaban xogar os de Alfonso non terían opcións, pero Cristian en dúas ocasións superou a maraña defensiva acadando unha nova vitoria.