sábado, 27 de octubre de 2012

DUAS CARAS...

EDV 5 - SAN MAMEDE 2

Partido con dúas caras ben diferenciadas, os da Ulla entraron fríos e non arrancaban o xogo o que nos teñen acostumados, encaixamos o primeiro gol e fomos a remolque ata os minutos finais da 1ª metade, cando David Pernas iguala o marcador. A segunda metade mudou por completo a cara deste equipo no primeiro minuto fai Jordan o 2 a 1 e de seguido foron caendo ata 3 mais nin que dicir ten que o xogo mellorou e os de San Mamede non foron que de parar a maquina, a pesar de todo nun rexeite fixeron o seu segundo gol.

domingo, 21 de octubre de 2012

BO PARTIDO...

BERTAMIRANS 2 - EDV 2

Só dous erros nos finais de ambas partes foron quen de evitar unha nova vitoria dos da Ulla, sen dubida o rival foi de gran categoría ben ordenados e con gran vocación ofensiva, os de Afonso fixérono todo para facerse cos tres puntos pero os paus e falta de sorte fixeron que no desconto perderamos dous valiosos puntos fronte dun rival directo.

viernes, 19 de octubre de 2012

BO COMENZO...

Fenomenal comezo de LIGA, agardemos que o bo xogo e a capacidade goleadora perdure no tempo, e academos o obxectivo agardado por todos.

FORZA CHAVALES!!!  UN, DOUS, TRES, EQUIPOOOO!!!