martes, 19 de junio de 2012

IDA SUPERADA

EDV 3 - TRAZO 1


A pesares de ter encaixado un gol hai moitas posibilidades de superar e eliminatoria, cousa que todos desexamos.
O partido discorreu con certa normalidade, as decisións acertadas na maioría das ocasións dos colexiados alporizaron a parroquia visitante, que viron como os de Alfonso os superaban en ocasións e en xogo. Queda un tanto aberta a volta, pero confiamos plenamente nestes xogadores para vir coa vitoria para a Ulla

EMOCIOIN E SUSPENSE...

EDV 0 - CALLOBRE 0 (3-0 PENALTIS)


Emoción e ata o final. Chegouse o minuto 90 con un inmerecido empate a cero, pero a actuación maxistral de "FURE" parando os dous lanzamentos dende o penalti que lle tiraron, o terceiro foi fora deulle a vitoria os da Ulla, mencionar que se converteron en gol os tres tirados polos nosos.

miércoles, 6 de junio de 2012

SEGUNDA ROLDA SUPERADA

CORDEIRO 0 - EDV 2

Segunda rolda superada, igualdade no campo na primeira metade, pero unha saída fulgurante na segunda puxo o encontro patas arriba, nos primeiros instantes marca Fernandez ó 0 a 1 que fixo mudar o sistema de xogo dos da Casa, pero nun segundo arreón os da Ulla fixeron o segundo da man de Parada. Xa nos agarda o Callobre en terceira rolda.

Goles: Fernadez 1, Parada 1.