lunes, 21 de enero de 2013

CAMPIONS DE INVERNO!!!


EDV 2 - VIDUIDO 0

Campións de inverno, remata a primeira volta e os da Ulla permanecen invictos no campionato. Con cinco puntos de vantaxe respecto o segundo e oito co terceiro aínda que este cun partido menos.

Semana de descanso cos deberes cumpridos, vencendo a un rival directo que practica un fútbol agresivo e de ataque frontal. O equipo moi ben plantado no terreo de xogo non fixo concesións o rival, tratando de manter a pelota e xogar ordenados. Os de Viduido trataron de meter presión dende o inicio sabedores de que se deixaban xogar os de Alfonso non terían opcións, pero Cristian en dúas ocasións superou a maraña defensiva acadando unha nova vitoria.

lunes, 26 de noviembre de 2012

CONTROL TOTAL...

SAR 0 - EDV 1

O Val do Ulla ven de derrotar os de Extramindi por un so tanto, os da Ulla foron os donos do balón, pero unha primeira metade de fútbol control e con un rival agazapado con poucas gañas de xogar facían presaxiar un empate a nada, os locais non saian e os visitantes non eran quen de rachar a maraña defensiva destes. Na segunda metade todo comezou do mesmo xeito, pero os cambios e a reaparición de Cristian, que retornaba os terreos de xogo, deron froito o rematar Piru un balón rexeitado no area tras un saque de córner.